quen somos
Creatividade Galega é un equipo de traballo formado por tres investigadores da Universidade de Vigo comprometidos coa difusión do traballo gráfico das axencias e deseñadores galegos.
Jesús P. Seoane, Eva Quintas e Alberto Dafonte forman Creatividade Galega en 2005 conseguindo editar en xaneiro de 2006 o primeiro anuario da publicidade en Galicia baixo o mesmo nome. Na súa primeira edición Creatividade Galega recolleu os traballos de máis de 65 axencias de publicidade de Galicia, converténdose deste xeito no só no primeiro anuario destas características senón tamén no máis amplo catálogo ata o momento de traballos gráficos galegos.
© Creatividade Galega 2009