o anuario
Creatividade Galega é proxecto editorial xurdido no ano 2006. Un anuario no que se recompilan os traballos máis creativos das empresas galegas de publicidade, deseño e comunicación e que conta co respaldo das nosas principais asociacións profesionais.
Nos tres libros editados ó longo dos tres últimos anos participaron case 200 empresas de deseñadores de Galicia.
Existe tamén un apartado reservado para os alumnos das escolas e facultades galegas de deseño e comunicación.
A participación é gratuíta, e o libro final distribúse de balde entre case un milleiro de anunciantes que operan en Galicia.
© Creatividade Galega 2009