comezamos!!!
31/07/09
En Creatividade Galega 2009 queremos contar cos traballos máis creativos que fixestes ao longo do último curso.
Nada cambia!!! O libro está composto polas categorías que xa coñeces:
- Corporativa
(logos e aplicacións: papelería, sinalética,...)
- Packaging
(embalaxes)
- Gráfica xeral
(ilustración, cartaces, dípticos, polípticos,…)
- Gráfica publicitaria
(anuncios de prensa, revistas,…)
- Soportes publicitarios exteriores
(dinámica, estática, mupis, vallas,…)
- Deseño editorial
(libros, revistas, axendas,…)
-Revistas, catálogos e outras publicacións corporativas
- Webs
- Audiovisual
(requísese arquivo video)
- Soportes non convencionais
(publicidade en móbiles, viral,...)
- Escolas e facultades
(alumnos de escolas galegas de deseño)
Se o orzamento
nolo permite, queremos incluír dúas novidades:
* Unha sección de radio.
* CD/DVD cos traballos multimedia presentados por todos os participantes,
así como unha edición electrónica do directorio de
empresas.
A participación é gratuita, pero o plazo de recepción de orixinais remata o 1 de outubro de 2009. Para a súa publicación, os traballos enviados deberán ter sido aprobados, emitidos ou publicados entre setembro de 2008 e xullo 2009 excepto aqueles que opten a ser publicados na sección de escolas e facultades.
Requisitos
de publicación:
- O número máximo de traballos que pode enviar cada empresa
será de 15.
- Non poderá haber máis de 3 bodegóns entre os orixinais
enviados. Prégase, na medida do posible, evitar a utilización
de fondos.
- Haberá que especificar o cliente de cada unha das
creatividades.
- Enviar os traballos en CMYK cunha resolución de 300 ppp.
- Web: É imprescindible indicar o enderezo web de cada unha das páxinas.
Adxuntarase con 8 capturas de pantalla (empregando o navegador SAFARI de
Macintosh, en modo CMYK e a 300 ppp).
- Audiovisual: non máis de 8 fotogramas. Prégase anexar guión
e arquivo vídeo en formato .mov.
- Adxuntar o logo da empresa en CMYK e 300 ppp.
- Incorporar a seguinte información de utilidade para elaborar o
directorio de compañías participantes: dirección, teléfono,
fax, enderezo web, correo electrónico, persoa de contacto.
- Enviar vía
mail toda a información a
participa@creatividadegalega.es
Envíos
postais:
Jesús Pérez Seoane
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Universidade de Vigo - Campus de Pontevedra
Buzón 68
Campus de A Xunqueira S/N
36005 - Pontevedra
© Creatividade Galega 2009